Segundo a liña de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e segundo o procedemento TU983C, Viajes Verín S.A. foi beneficiaria dunha liña destas axudas cuios investimentos foron utilizados na creación e comercialización de produto e transformación dixital, así como bonificacións nos seguros obrigatorios para estas actividades.
Dentro dos investimentos realizados atópanse a modernización e mellora tecnolóxica dos equipos existentes, e melloras para a comercialización dos produtos ofertados. Estas melloras supoñen unha maior interactividade co cliente mediante a instalación de 2 pantallas multimedia que axudan a unha mellor visualización dos produtos ofertados así como unha mellor visualización dentro do segmento de mercado ó que se dirixe esta empresa.
Todo o equipo de formamos parte de Viajes Verín S.A. queremos agradecer o gran traballo da Xunta de Galicia por axudarnos a paliar os efectos económicos da COVID no no sector.
Deja una respuesta